Xcornapinos. Quadclub Valdoviño

Quadclub xcornapinos

III Ruta Xcornapinos

Abril 16th, 2009

Apreciados quadtrer@s:

Este ano non podemos levar a cabo a III RUTA XCORNAPINOS, a cal tiñamos prevista para o día 2 de maio. A razón é a cantidade de árbores que seguen atravesando os camiños que percorremos e dos que polo momento naide se preocupa. Estivemos agardando ata agora xá cós permisos sacados pero a situación non cambiou, entón o único que nos queda é agardar a que a situacion cambie e poidamos realizar dita Ruta nos vindeiros meses, os cales non poderan ser no verán debido a lei de montes…vos teremos informados.

Tamén dende aiquí quero facer um chamamento os donos dos montes e autoridades competentes que teñen os camiños nunha situación moi perigosa debido a que estamos as portas do verán, esperemos que o lume non apareza porque si o fai as consecuencias poden ser debastadoras debido a que os accesos están cortados.

Un saúdo.

Saída á ruta de quads de Foz

Setembro 19th, 2008

O vindeiro sábado 25 de outubro, membros do quadclub Xcornapinos acudirán a Foz para participar na V Ruta Montes da Mariña Luguesa. Todos aqueles que esteades interesados en acompañarnos, poñédevos en contacto con nós a través do correo electrónico ou do teléfono: 686 978 967 (Rei), 609 814 785 (Pol), ou 630 883 782 (Gato).

Á venda o DVD da II ruta de quads

Maio 29th, 2008

DVD da II ruta

Xa está á venda o DVD da II ruta de quads organizada por Xcornapinos. Os mellores vídeos e imaxes á vosa disposición por tan só oito euros, máis gastos de envío. Para conseguilo basta con envíar un correo electrónico cos vosos datos básicos (nome, teléfono e enderezos postal e electrónico) a info@xcornapinos.es ou con contactar con nós chamando a algún destes teléfonos: 686 978 967 (Rei), 609 814 785 (Pol), ou 630 883 782 (Gato). Recibiredes o voso DVD de contado.

Se o preferides, tamén podedes mercar o DVD mentres tomades unha cervexa no bo ambiente da cervecería O Garaxe, en Valdoviño.

A web de Xcornapinos volta á normalidade

Maio 14th, 2008

Unha vez detectados e solucionados os problemas existentes coa páxina web do quaclub Xcornapinos, volve a estar activa. Nestes próximos días irase normalizando a situación, coa creación de contidos, imaxes e seccións que agardamos sexan do voso interese. Queremos pedirvos desculpas polos problemas xurdidos e agradecervos a vosa paciencia.

A ruta de quads, en fotos

Maio 5th, 2008

As imaxes da II ruta de quads organizada por Xcornapinos están xa dispoñibles na galería de fotos. Agardamos que disfrutedes destas fotografías… e que repitamos o éxito de participación o vindeiro ano.



xcornapinos is proudly powered by WordPress.